Sabean todos que eu Rui Peres, clerigo de Santa Maria de Perdecanay, que he en Terra de Moraña, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas boses, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, mas de mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre, a vos Rui Fariña, morador ẽno couto d ' Arquos da Condesa que sodes presente, et a vosa moller Ynes Rodrigues et a todas vosas vozes et suas, todo o casal, casas, casares et chandados et viñas et herdades del que disen de Pumar da Arqua, que he ẽno dito couto, o qual a mĩ perteesçe por herança de mĩa tia Sancha Martis, moller que foy de Gonçalvo Eanes de Pumar d ' Arqua; et vendo, como dito he, o dito casal, casas, casares et plantados et bouças et resios, herdades et viñas del, onde quer que vãa, a montes et a fontes, et segundo et por la via que o eu tive et pesuy ata aqui, con cargo que vos et a dita vosa moller et bosas vozes dedes et pagedes aa tença d ' Arquos da Igresia de Santiago, cujo o dito lugar he, todo o foro et dereito et penson que eu et mĩas boses eramos et somos obligados de lle pagar cada un ano, et demais por contia de dosentos et setenta mrs. de moeda bella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes de vos resçeby en presençia deste notario et tesmoyas etc.; et renunçio etc.; et se mas val esto que vos bendo con o dito cargo douvoslo et outorgo en pura et justa et saa doaçon para todo senpre; et todo jur etc.; anparar etc.; por los bẽes do dito cabidoo de Santiago et meus etc.
|