logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

et eso mesmo se ten et vay de longo Yanes Feichorrino et vay entestar en outra leyra de viña do moesteiro de San Domingo da par da dita villa, et sal et ha o seydo ẽna congostra que vay para outra nosa viña que disen dos pesegeyros, que foy de Duran do Moscojo, a qual congostra sal aa congostra et camiño publico que vay da dita villa de Pontevedra para a Ponte a Sanpayo, et aforamosvos por senpre como dito he, a dita leyra de viña con seu terreo en que esta et con seu muro et çerqua et entradas et seydas et perteesças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven asi de feito como de dereito, para que labredes a dita leyra de viña de poda, cava, rodriga, arrenda, et a esterquedes et valedes et requirades de todos los outros lavores que ouver mester en maneira que se non perga por mingoa de lavor et chosura, et do viño que Deus en ela der devedes de dar a nos et a nosas voses, vos e a dita vosa moller et vosas voses, por foro et çenso et conosçemento o terço do viño que Deus en ela der mosto aa dorna, o disymo a Deus pago de consũu, et vos averdes os outros dous terços por voso lavor et feytio, et devedes de bendimar et coller o viño da dita viña por nos ou por noso mandado et proveer de comer et de veber a nos ou ao que por nos ou por nosas vozes estever ao partir do dito viño.

Ano 1434
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 106
Páxina 145
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Aforamento
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL