Sabean todos que eu Afonso Eanes Jacob, notario da villa de Pontevedra, et a mĩa moller Maria Afonso, filla que foy de Gomes Gago, que Deus perdon, que somos presentes et que fasemos por nos et por todas nosas vozes, aforamos et damos en foro, desde oje este dia endeante para todo senpre, a vos Sueiro Martis, morador ẽna fiigresia de San Juan de Leeiro, et a vosa moller Taraja Martis et a todas vosas vozes et suas, todas las nosas herdades, casas, casares et plantados et viñas que o dito Gomes Gago, padre de mĩ a dita Maria Afonso, et eu por sua herança et subceson aviamos et deviamos aaver de dereito no casal de Outeiro et de Pero da Viña, que son lugares que disen do Outeiro et de Veente; et que en este aforamento non entre a vos que disen de Juan Gonçalves Gago; et aforamos vos por senpre como dito he todas as sobre ditas herdades et viñas et cada hũa delas con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras que lle pertesçen et perteesçer deven de dereito, so tal pleito et condiçon que lavredes todas as herdades do casal et cubrades et levantedes as casas del et as teñades çertas et manifestas et quaes et quantas son, et eso mesmo que lavredes as ditas viñas del de poda, cava, rodriga et arrenda et as esterquedes et çerquedes et valedes et requirades de todos los outros lavores que ouveren mester, en maneira que se non pergan por mingoa de lavor et chousura, et por esto devedes de dar a nos et a nosas vozes por renda, censo, conosçemento das casas et herdades et plantados do dito casal, en salvo en cada un ano sen desconto algũu, trinta çeramis de pan, medio millo et medio ceveira, medidos por la medida dereita da praça da villa de Pontevedra, linpos de poo et palla, os quaes nos devedes de pagar por cada dia de San Migeel do mes de setenbro, et asi en cada un ano en salvo por senpre; et outrosi nos devedes dar et pagar a nos et a nosas vozes o terço do viño que Deus der nas ditas viñas do dito casal mosto aa dorna, o disemo a deus de consũu et vindimardes as ditas viñas por nos ou por noso home et provieer de comer et de beber a nos ou ao que por nos estever ao partir do dito viño; et avendo de vender ou sopẽnorar este dito aforamento et o feitio que ende feserdes a nos ou a nosas vozes o devedes fazer, tanto por tanto segundo que outro vos por elo der, querendoo nos, et non o querendo que enton o façades a personas semitaveles de vos, et non o fasendo asi que non valla o que ende fezerdes.
|