logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu Juan Garçia Rouco, jurado da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et en nome de mĩa rnoller Ynes Fariña, et por mĩas bozes et suas, aforo et dou em aforamento a vos Gonçalvo do Coobre, morador ẽna fiigresia de Santo Andre de Figerido, que sodes presente et que aforades por vos et en nome de vosa moller Costança Mendes et por vosas vozes, todas las biñas et bouças et devesas que a mi et aa dita mĩa moller avemos et nos perteesçen de aver et herdar de dereito ẽnas fiigresias de San Martiño de Vilaboa et de Santo Andre de Figerido et en cada hũa delas, con mas as nosas herdades lavradias que nos avemos et nos perteesçen enas veigas de Muus et de Ontre Anbas Agoas et do Casal d ' Amorin que son ẽnas ditas fiigresisa; et aforovos como dito he as ditas viñas et bouças et herdades suso contiudas, con todas suas entradas et seydas et perteesçeas et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven asi de feito como de dereito, por tempo doje este dia ata honse anos compridos primeiros segintes, enos quaes ditos honse anos et en cada un deles vos, o dito Gonçalvo do Coobre, et a dita vosa moller et vosas vozes devedes de lavrar as ditas viñas de poda, cava, rodriga et de cerrarlas et requerirlas de todos los outros lavores que ouveren mester, en maneira que se non pergan por mingoa de lavor et chousura et, eso mesmo, lavrar et requerir as ditas herdades lavradias et teerlas çertas et manifestas et quaes et quantas son; et do viño que Deus der nas ditas viñas devedes de dar a mĩ et aa dita mĩa moller et nosas vozes, en cada un ano en salvo, o terço, et o quarto do pan que Deus der nas ditas herdades, o biño mosto aa dorna et o pan aa eira linpo de poo et de palla, o desimo do pan et viño a Deus pago de consũu; et vos averdes o outro por voso lavor et feitio, et collerdes o dito pan et viño por meu mandado et da dita mĩa moller, et proveerdes de comer et de beber ao que por nos estever ao partir do dito pan et viño.

Ano 1433
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 129
Páxina 171
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Aforamento ("aforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL