logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Cunuçuda cousa seia a quantos esta carta viren como nos Lourenço Estévez, prior do moesteiro de Sam Pedro de Rocas, e o convento dese meesmo lugar, damos a vos Rodrigo Ares, cavaleiro dAgiar, e a vosa moler Aldonça Rodríguez, a pust morte de Lourenço Anes, o noso meo casar que avemos na friigía de Sam Migueel de Vilarchao, no lugar que chaman o Campo, o qual de nos tem o dito Lourenço Anes, a monte e a fonte e con todas suas perteecas, a tal preito que o lavredes e paredes ben, e nos dedes cadano por noso mordomo terça parte de pam e de leguma e de lino, e se fezerdes y vina que nos dedes terça de vino, e por dereitura cada ano por Sam Martino XXV soldos destes dineiros que valen quatro dineiros tres soldos ou a quontía deles; e ainda vos damos duas leiras que som do noso lugar de Sam Yurgo de Moreyras, as quaes yazen doutra parte o río de Esgos contra Pedrayo, e topam anbas no río sobre dito, e a hua delas parte conno termio de Pedrayo, e da outra parte topam en hua leira que teem os filos de Martín Afonso, e da outra parte con esta leira sobre dita dos filos de Martín Afonso e dautra parte entesta no termio do Parladoyro e vayse firir no togal do par dela; as sobre ditas leiras vos damos a tal preito que as lavredes que non defalescam per lavor, e nos dedes cada ano por noso moordomo terça do pam que Deus y der ou de vino se o y fezerdes; e depust vosa morte dambos fique o dito casar e as ditas leiras a hun voso filo que ambos ayades, qual quiserdes, pelo preito sobre dito, e depust morte do filo fique todo en paz o moesteiro sobre dito.

Ano 1299
Título abreviado MPR
Título San Pedro de Rocas
Referencia Duro Peña, Emilio (ed. ) (1972): El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijoo".
Capítulo 47
Páxina 166
Autoría Thomé López notario do moesteiro
Tipo/finalidade/xénero Foro / Aforamento
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Sam Pedro de Rocas [Esgos-Ou]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL