O dito casar vos damos, a vagamento da carta en que esta agora aforado, por tal condiçón que o moredes e o lavredes e o pobredes et paredes ben, que non defalescan por míngoa de lavor e de boo paramento, et nos dedes del cada anno por nosso moordomo terça de todo pan que Deus y der; ainda nos daredes cada anno por kalendas janeiras quareenta soldos de brancos da moeda del rey don Afonso ou a contía delles; ainda nos daredes cada anno por día de San Martino hua porcala e seis soldos de pan branco e hun almude de vino, et por San Johan hun carneiro.
|