logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta viren que eu Gómez Lourenço, fillo de Lourenço Pérez de Belle, por min e por toda mina voz, vendo e logo por esta presente carta entrego a vos Johan Martínez, morador no Cadeado, e a vossa moller Moor Fernández, e a todas vossas vozes para senpre, dous terreos de herdade e de chousa, que eu ey enas chousas de Rigoufe, os quaes a min acaesçeron en partiçón dos bees de mina madre Teresa Pérez; véndovos os ditos dous terreos de herdade con todas suas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças, con cárrego de quatro mrs de brancos cada anno ao moesteiro de San Pedro de Rocas, e dézemo a Deus, livres e quites doutro enbargo; e por esta presente carta vos ponno logo en corporal posisón delo, ca outorgo e connosco que reçebí de vos conpridamente todo o preço que a min e a vos aprouvo de min por elo dardes, convén a saber, triinta e çinquo libras de dineiros brancos da moeda del rey don Pedro, do qual preço min fezestes pago en dineiros feitos e contados, do qual me outorgo por entergo e ben pagado, e renunçio sobrelo aa excepçón de non numerata pecunia. E logo todo jur, dereito, senorío, possisón, propiedade, voz e acçón que eu ey e me perteeçe e de dereito devo aver ennos ditos terreos e herdade vos vendo, todo o tollo e removo e parto de min e de mina voz e pónnoo en vos o dito Johan Martínez e ena dita vossa moller e en toda vossa voz para senpre.

Ano 1371
Título abreviado MPR
Título San Pedro de Rocas
Referencia Duro Peña, Emilio (ed. ) (1972): El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijoo".
Capítulo 111
Páxina 212
Autoría Martín Gonçález notario púbrico dOurense
Tipo/finalidade/xénero Venda
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-[Ou]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL