In Dei nomine, amen. Sabeam quantos esta carta viren como nos don Vaasco Rodríguez, prior do moesteiro de San Pedro de Rocas, et oo convento dese meesmo lugar, damos a foro a vos Ruy Gonçález, clérigo de Nug[ueyra] et a quatro vozes apús vos quaes nomeardes, e se as non nomeardes, quaes de dereito ouveren derdar os vosos bees, pero que seia vos apús vos Marina da Pereira, [damos] o noso casal de Pousada, que he en freyguisía de Santa Justa, o qual ten Moor Vaasquez, o qual vos damos a monte e aa fonte, con suas entradas e seidas e perteenças, por tal condiçón que o lavredes e pobredes e paredes ben, como non defalesca por mingua de lavor e de boo paramento, e darnos edes del cada anno V libras de dineiros brancos, as duas por dereitura por San Martino, e aas tres por hua porcalla, e serredes vassalos obidientes e mandados a nos e ao dito moesteiro; et he posto que en quanto a dita Moor Vaasquez viver que os foros que a nos ha de fazer que os faça a vos o dito Ruy Gonçálvez e a vossas vozes, e vos que nos façades estes sobre ditos; et se ouverdes de vender ou denpinorar ou por vosas almas dar, vendede ou enpinorade aa tal que seia semellavil de vos e que nos faça cada anno o dito foro en paz como sobre dito he, pero que non seia cavalleiro nen escudeiro nen dona nen religiosa pesoa nen home de tras muro.
|