Meu Sennor Deus, venno -vus eu rogar, | con a mayor coita que nunca vi | aver a ome, avede de mi | doo, Sennor, e nunca tal pesar | me façades, meu Sennor Deus, veer | per que eu aja o corp ' a perder! | Ca estou eu og ' a mui gran pavor | de o veer, e meu sen est atal | de vus rogar por est ' e non por al, | que nunca tal pesar de mia señor | me façades, meu Sennor Deus, veer | per que eu aja o corp ' a perder!|
Ano 1220 Título abreviado LP Título Lírica profana galego-portuguesa Referencia Brea, Mercedes (coord.) (1996): Lírica profana galego-portuguesa. Corpus completo das cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliográfica específica. 2 vols. Santiago de Compostela: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias "Ramón Piñeiro". Capítulo 005 Páxina 291 Autoría Fernan Garcia Esgaravunha Tipo/finalidade/xénero Amor Orixe Lingua Localización