logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean. . . nos don frey Garçia Peres, abade do moesteiro de San Cloyo, et Iohan Fernandes, prior, et o conuento . . . etc. , damos et outorgamos a foro a vos Tareiga Affonso, yrmãã de frey Aluaro Leiro, noso monge, [. . . ]et a duas uoses depoys de vosso finamento, huna pus outra per hordẽẽ. . . etc. , conuen a saber, que vos damos a foro hua nossa leira de herdade con sua viña et monte, que jaz [. . . ] sobre a nossa seara da enfermaria, conmo se começa. . . etc. , per tal pleito et su taes condiçoes que o dito frey Aluaro vosso yrmãõo, que tena et aja en sua vida esta dita herdade e viña, et . . . o seu finamento que fique a vos a dicha Tareiga Afonso, seendo vos viua, et non sẽẽndo vos viua que fique a huna voz que feser o dito frey Aluaro, et ã ã tenpo de seu finamento et esta voz que el feser nomear, que posa et estẽẽ outra voz, assy que seian duas voses depoys do fignamento do dito frey Aluaro, et que seian seus primos parentes, et per tal pleito et condiçon que uos, o dito frey Aluaro, et uos ditas uozes que labredes. . . etc. , et que chanteis de viña toda ha herdade de monte que y esta para chantar en estes tres annos primeiros sigentes.

Ano 1447
Título abreviado MSCDR
Título San Clodio do Ribeiro
Referencia Lucas Álvarez, Manuel / Lucas Domínguez, Pedro (eds. ) (1996): El monasterio de San Clodio do Ribeiro en la Edad Media: estudio y documentos. Sada / A Coruña: Edicións do Castro (Publicacións do Seminario de Estudios Galegos).
Capítulo 387
Páxina 517
Autoría Affonso Perez notario del Rey en terra de san Iohan et de Nouoa et do Ribeiro da Auẽã et en toda a merindade d ' Orzellon
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua
Localización [San Clodio-Ou]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL