Sabean quantos esta carta virem conmo nos don frey Gonçaluo, abbade do moesteiro de San Cloyo do Ribeiro da Auia, et Aluaro Fernandes, prior, et o convento do dito moesteiro, sẽẽndo juntados en noso cabidoo dentro en no dito moesteiro per tangemento de canpãã, segundo que auemos de vso et de custume, sen contradizemento de alguun, por nos et en nome et en vos do dito moesteiro, et per nosos susçesores, damos et outorgamos a foro a uos Aluaro Afonso, clerigo, fillo de Afonso Eanes, notario, que foi, et a duas voses apus vos, huna pus outra, feytas per horden, asi que vos nomẽẽdes a primeira vos en vosa vida ou a tenpo de uoso finamento, et esta vos asi por vos nomeada que nomẽẽ a pustrumeira vos, et se estas uoses nomeadas non foren, que seia vos aquel que de dereito herdare os outros vosos bẽẽs; conven a saber esto que vos asi damos a foro: o noso forno que nos teemos en Coviledo, frigisia de santa Marina de Gomariz, con sua casa, segundo que esta, con sua entrada et seyda, segundo que a el ha, que he do dito noso moesteiro, a qual vaga por morte de Fernan Soga, morador que foi en na fregesia de san Migell de Louesende.
|