Sabean todos como nos don Aluaro Fernandes, abbade do moesteiro de San Cloyo do Ribeiro da Auia, et frey Rodrigo, prior, et o convento . . . etc. , damos et outorgamos, aforamos a vos Afonso do Verdeal, morador en Vilaverde, frigesia de san Migeel de Leuosaende, por tenpo de uosa vida et de outras tres vozes apus voso finamento. . . etc. , viinte et oyto leiras de viña et de monte, que jazen todas en na dita fregesia de Leuosende, das quaes jazen en Varzeamedele, en o cortinal do Ribeiro, seis leiras; et outra leira jaz en a Veiga de Varzeamedelle; et outras duas leiras jazen ençima a sobre lo camino que ven de Leiro para Varzeamedelle; et a alende as casas de Varzeamedelle jazen seis leiras; et en Leiro onde chaman a Caniçada jaze outra leira; et en Vilauerde, tras las casas jazen duas leiras de vina; et ençima a sobre Vilaverde onde chaman as Puças jazen çinquo leiras de vina et de monte; et outra leira de monte jaz ao Carualo de Vilaverde.
|