logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta viren commo nos, dona [Co]stança Pereσ, abbadesa do moesteyro de Ferreira, con outorgamento das donas e convento do dito lugar, sendo en noso quabidoo segundo costume de nosa orden, presentes e outorgantes, fazemos carta e damos a foro a vos, Afonso Anes, morador eno moesteyro de Ferreira, [e a] vosa moller, Marina da Veyga, por en todos vosos días danbos, e a hũã pesoa depós vos qual nomear o postro[m]eiro de vos a seu finamento, e non sendo nomeada fi[que] a quen h(e)rdar os vosos bẽẽs de dereito, conbén a sab[er], [as nos]as casas que están no cural do dito moesteyro as [quaes t]evo de nos Moor Ferreira a adega con seu lagar [...]zina, e a nosa viña de [...] e toda quanta herdade que Johán de Vasillãáo mandou ao dito noso mosteyro, a monte e a fonte u quer que vãã su oo sigño de Santa María de Ferreira, per tal pleito que levredes e paredes ben toda a dita herdade e a dita viña e mantenades as ditas casas en bõõ estado e morades en ellas, e diades vos e as ditas pesoas cada anno da dita viña medio do viño que Deus der en ela, e daredes da dita herdade cada anno hun sesteiro de pan, o pan enna eyra e o vi -ño á vica do lagar todo per ollo de noso moordomo; e daredes de renda cada anno pollas ditas casas dous moravedís por día de San Martino de novembro.

Ano 1381
Título abreviado MSMDFP
Título Santa María de Ferreira de Pantón
Referencia Fernández de Viana y Vieites, José Ignacio (ed.) (1995): Colección diplomática del monasterio de Santa María de Pantón. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo.
Capítulo 74
Páxina 93
Autoría Matheus Gonzáleσ,notario púplico sobredito, na dita terra
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ferreira de Pantón-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL