Conta a estoria que Pirio Neutóllamos, desque escapou da gram tormenta do mar et perdeu moytas das suas cõpañas, cõmo de suso oýstes, (et) fezo adubar suas naues en hũ lugar que chamã Amolese, que muyto lles era mester, ca nõ lles auía ficado naue sãa: as hũas auíã quebrantadas as áncoras, et as outras as uellas et os gouernallos, et as outras os rremos, et as outras os bordos en derredor, et as outras perderõ as cordas et os calaures, en guisa que nõ auía y tal que nõ ouuese mester rrefazemento.
|