Sabean quantos esta carta viren como [nos, dona Costança Pere]σ, abadesa do mosteiro de Ferreira, con outorgamento da priora e donas e convento do dito mosteiro, sendo juntas [en cabidoo segundo] avemos duso e costume, fazemos carta e damos a foro a vos, Pero Gonsaleσ, morador enna Familla, e a vosa moller, Eynés Gonsaleσ, e a dúas persoas, hũã qual nomear o postromeiro de vos a seu finamento e a otra aquela que nomear a que por vos alguno de vos for nomeada, e non sendo nomeada a que herdar vosos beẽs con dereito, conbén a saber que vos aforamos commo dito he o noso lugar de Serode, que he sob o sino de San Fiiσ de Cangas, con todas súas casas e árbores e herdades e pascos e devisos, a montes e a fontes por donde quer que vãã sob o dito syno, o qual vos aforamos con condiçón que o morades e labredes e paredes ben en maneira que se non perga con mingua de labor e de bõõ paramento, e díades vos e vosas persoas en cada anno ao dito mosteiro quarta de toda grãã que Deus der enno dito lugar, e de renda por castanas e orto e liño e naval hun carnero e tres moravedís da moeda que correr enna terra por día de San Juán de juyo, e por cada persoa por loytosa trynta sondos, e seredes obedientes vos e vosas persoas a complir e pagar quanto se en esta carta contén.
|