logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabam quantos esta carta de foro viren commo nos donna Costança Pereσ, abadessa do mosteiro de San Salvador de Ferreira, con outorgamento da priora e donas e conbento de noso mosteiro, seendo todas en noso cabiidoo per campaãã tanguda, segundo que abemos de uso e custume de nosa orde, fazemos carta e damos a foro a vos, Alvaro de Vilamelle et a vossa muller, Eldonça Alonso, e a dous fillos ou fillas que anbos ajades de consuu, e non os abendo que sejam dúas persõãs, hũã qual nomear o pustromeiro de vos a ponto de seu finamento, e non sendo nomeadas que sejam dúas persõãs pus vos anbos quaes erdaren os bẽẽs do pustromeiro de vos con dereito, conbén a saver que vos aforamos commo dito he o noso baçelo das Erdeiras, todo segundo que o vos tragedes a jur e a mããõ, o qual vos aforamos a tal condiçón que o lavredes e paredes bem en tal maneira commo se non perca con mingoa de lavor e bõõ paramento, et nos díades cada anno a quarta do viño que Deus y der per ollo de noso moordomo, et que paguedes aa iglesia de San Martino tres quartillõõs de vino que y ha, e que non posades bender nen subpinnorar este foro a menos de nos riquererdes se o queremos tanto por tanto, e se o non quisermos que o díades a persona que seja voso ygoal e que lavre e pare e pague e compra as condiçõõs en esta carta contiudas, e o dito mosteiro que vos defenda a dereito con o dito foro per todos seus bẽẽs.

Ano 1433
Título abreviado MSMDFP
Título Santa María de Ferreira de Pantón
Referencia Fernández de Viana y Vieites, José Ignacio (ed.) (1995): Colección diplomática del monasterio de Santa María de Pantón. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo.
Capítulo 164
Páxina 202
Autoría Lopo Fernandeσ de Páramo, presbítero da diócesis de Lugo e notario púplico por la autoridae apostólica
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Lugo-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL