logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabam quantos esta carta de foro viren commo nos, donna Costança Pereσ, abadessa do mosteiro de San Salvador de Ferreira, con outorgamento da priora e donas e conbento do dito noso mosteiro, seendo todas en noso cabidoo per campaa tangida segundo que avemos de uso e de custume, fazemos carta e damos a foro a vos, Afonso Rodrigueσ, morador en San Pero de Canaval, e a vossa muller, Catalinna Gonsaleσ, e a hun fillo ou filla que anbos ajades de consuu, e non avendo filla ou fillo que seja hun amigo qual nomear o pustromeiro de bos, e non sendo nomeado que seja hũã persõã qual erdar os beẽs do pustromeiro de vos con dereito, combén a saver que vos aforamos commo dito he todo o noso lugar de San Tomé, segundo que o trouxo Rodrigo de Imoradela a jur e a mãõ e vossa nanna Moor Yaneσ, o qual ela ante nos o demitió per notario e testemoyas, o qual vos aforamos con todas súas casas e viñas e erdades e árvores et entradas e seydas, a montes e a fontes per u quer que vãã sub os signos de San Pero de Canaval e de Santa María de Vila Escura, a tal pleito e condiçón que o lavredes e paredes bem en tal maneira commo se non perca con mingoa de favor e bõõ paramento, e que nos díades cada hun anno e a noso mosteiro quarta de todas grããs et de todo o vino que Deus y der no dito lugar, e por nabos e liño e orto e froyta e castañas que nos díades çinquo moravedís da moneda que chããmente correr na terra e hun carneiro sem maliça cada día de San Juán Bautista; e toda esta renda e foros que nos lo poñades per vossa custa no dito noso mosteiro cada anno vos e as persoas per ollo de noso moordomo; e seredes obedíantes ao dito noso mosteiro con seus dereitos; et cada persõã a seu finamento que pague loytosa que está na carta que tevo vossa nanna, salvo que vos seja a vos o dito Alonso Rodrigueσ quitos çinquo moravedís do que ela diser, e o dito mosteiro que vos defenda a dereito con o dito foro.

Ano 1434
Título abreviado MSMDFP
Título Santa María de Ferreira de Pantón
Referencia Fernández de Viana y Vieites, José Ignacio (ed.) (1995): Colección diplomática del monasterio de Santa María de Pantón. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo.
Capítulo 166
Páxina 205
Autoría Lopo Fernandeσ de Páramo, presbítero da diócesis de Lugo e notario púplico por la autoridade apostólica
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Lugo-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL