logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos, donna María Lopeσ, abadesa do mosteiro de San Salvador de Ferreira, et la priora, monjas et conbento do dito mosteyro que presentes estamos, juntas (en) noso cabildo, chamadas por son de canpaa tangida, segundo que o avemos de uso et de costume, veendo et entendendo que todo o a juso contiudo he feyto et rydunda en prol et proveyto noso et do dito noso mosteiro, por ende aforamos et damos en foro a vos, Afonso de Goyán, et a vosa muller, Costança Rodrigueσ, et a outras tres personas que sejan vosos fillos ou fillas, et non os avendo que sejan tres personas subçesivemente una en pus de outra, a primeyra a qual nomeardes en vosa vida ou ao tenpo de voso finamento, et a tal primeyra persona nomee a segunda et a segunda que nomee a terçeyra, et non seendo asy nomeadas que sejan quen vosos bees ou de cada persona herdar de dereito, conbén a saber que vos aforamos et damos en foro o tarreo da Estrada, que jaσ en braço con ha viña de Alonso Conde, clérigo, et outro tarreo que jaσ ao penedo que topa eno camiño en medeo de outros de Vaasco Afonso, et outro tarreyσino que jaσ ao agrõõ que parte con outro de Juán de Vilagilde et topa enno Outeiro de Sestalto con súa devesa, con todas suas entradas et saydas segundo que jaσen sub o signo de Santa María de Ferreira, a tal pleyto et condiçión que os labredes et paredes ben et tenades en bõõ labor et paramento et asy os leyxar aa fin do tenpo, et dedes et paguedes de foro, renda et pensión en cada un anno un canado de bõõ viño puro sin agoa et mãão sabor por cada día de San Martiño de nobenbro, et veñades honrrar las festas de Corpus Christi con do que toberdes cada un anno, et non avedes de vender nin sopinorar, ajenar, nen traspasar este dito foro en outra persona alguna sin noso consentimiento ou de nosas subçesoras, requeríndonos primeyramentte se o queremos tanto por tanto, et nos nin nosas subçesoras non ho querendo que entón o posades dar a tal persona semellable de vos que cunpla et pague este dito foro et as cousas en el contiudas, et bendo et conprindo esto dito he que nos nin nosas subçesoras vos lo non posamos tomar, quitar nin reçeber por mays pensión nen menos nin por al tanto que outro por el dían nin prometan, nen podades diσer e alegar que oubo et ha en el engano nen por outra raσón nen exçepçón alguna, antes que vos lo fagamos sãão et de paσ por los bẽẽs do dito mosteiro que pera elo obligamos.

Ano 1483
Título abreviado MSMDFP
Título Santa María de Ferreira de Pantón
Referencia Fernández de Viana y Vieites, José Ignacio (ed.) (1995): Colección diplomática del monasterio de Santa María de Pantón. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo.
Capítulo 202
Páxina 254
Autoría Juán de Bóveda, notario público por la abtoridad apostólica
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ferreira-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL