Conoçuda cousa seya a quantos esta carta viren e ouuiren como nos donna Maria Rodriguez abbadesa do moesteiro de Sobrado de Triues e o conuento desse miismo moesteiro damos e outorgamos a uos Domingo Iohannis e a uossa muller Eluira Perez e a uosso fillo ou filla ou amigo qual nomeardes a pus uossa morte, un nosso casar de herdade que auemos eno lugar que dizen Val de Quartas, su signo da igleya de Cerdeyra, con todos seus dereitos e con todas suas perteenças a montes e a fontes cada u os poderdes achar aa tal preito que o pobledes esse miismo casar por uos ou por outro e que o lauredes e pussuyades e que o paredes ben e que diades dessa miisma herdade a esse deuandito moesteiro cada anno quinta do freitio e do que derreigardes de monte uirgin dardes nouima de toda graa que Deus y der en essa miisma herdade ena heira e por nosso ome e un moyo de pan cada anno por seara e quatro soldos de qual moeda andar realmente na terra e tres gallinas e una scaa de manteyga e un qeyo e dez ouos cada anno por la festa de san Martinno e un carneyro cada anno por la festa de Seoane e tres soldos ao moordomo cada anno ena heira por uida e por heiradigo e deuedes a dar pidido a esse deuandicto moesteiro assi como o deren cada un dos outros omes de Çerdeira e seerdes vassallos do sennor desse deuandito moesteiro hobedientes con estes foros sobredictos e deuedes a dar por luytosa o mellor auer mouil que ouuer en uossa casa, e a pus morte de uos anbos sobredictos Domingo Iohannis e uossa muller Eluira Perez o uosso fillo ou filla ou amigo que ficar a pus uos en essa herdade sobredicta deue a dar cada anno a esse deuandicto moesteiro quinta de toda graa que Deus y der en esse herdade ena heira e por nosso ome e seer nosso uassalo e dar a nos todalas outras cousas assi como sobre dicto est, e a pus morte do fillo ou filla ou amigo que ficar a pus ous en esta miisma herdade remanea essa deuandicta con todas suas perteenças a esse deuandicto moesteiro liure e quita sen enbargamento nenguuo.
|