Sabean quantos esta carta vyren como eu dona Maria de Seybrea, filla que foy de Yohan Afonso de Seybrea e de dona Beatris de Sober, freyra profesa que foy do moesteiro de Santa Maria a Noua, que he na çydade de Lugo e abadesa que son do moesteiro de San Saluador de Sobrado, non sendo constrenjuda nen forçada nen endusyda per engano, mays eu de myna libre e boa e conprida uontade, e vendo e considerando que he prol de myna alma e porque son tyuda ao dito moesteiro, por ende eu a dyta dona Maria dou por jur de erdade pera por senpre ao dyto moesteiro de Santa Maria a Noua todas las erdades e erenças e coutos e jures e posesoos tanben clesyastegos como sagrares que eu ey e me pertençen de auer en todas teras de Lemos de parte de mina nana dona Beatris e de meus yrmaaoos Afonso Garçia e dona Maria que a aja por senpre.
|