Saban quantos esta carta viren commo eu, Rodrigo Yannes, fillo de Johan Anes, [. . ] que foy do cabiidoo da iglesia de Mendonedo, et de Aldara Mateu, sua muller que foy, seendo en meu liure et conplido poder, non endusido por enganno nen por outro error algun que outro fesese, mays de meu praçer et de minna pura et propia et liure et boa voontade, por amor de Deus et por soude et saluamento de minna alma, dou et outorgo para senpre jur herdeyro puramente et sinpremente sen nengua condiçon, aos frayres et homes boos da Terçeyra Ordeen moradores en na iglesia de San Martinno de Villa Ourente que y viueren et viuen a seruiço de Deus et de San Martinno, conuen a saber: a minna vinna de [Forcas], que me ficou da dita minna madre, commo se departe: da huna parte da vinna dos malates, et da outra parte da vinna de [Gomes?]
|