Sabean quantos esta carta viren commo eu, Marina Martin, natural de Gontay et freira da Terçeira Hordee, non endusida por engano nen por outro error que me algun fesese, mays de meu praser et de mia propia, liure et boa voontade, et por saluamento de mina alma et de aquellas pesoas de quen ficaron et eu ouve estas herdades que se segen, por min et por meus herdeiros, dou et outorgo sen nehuna condiçon, en dadiua en pura doaçon que ualla para senpre jamays o mellor et mays conpridamente que a eu poso dar et doaçon mellor pode et deue ualer de dereito et de feito, a uos, frey Diego Ferrandes, frayre da dita Terçeira Horden para uos et para os proues da dita hordeen que ora estan et steren de aqui adeante en na casa et lugar que uos ora fasedes en lugar de moesteiro que chaman San Martinno de Villa Lourente, que he sub signos de Santa Maria de Villa Maior, see de Mendonedo.
|