Sabean quantos esta carta viren commo eu, frei Rodrigo Eanes, fraire da Terçeira Ordeen de San Françisco, non enduzido nen enganado nen costrengido por outro error algun, mays de mina propria et boa voontade, dou en dadiua et pura doaçon para senpre et por lo amor de Deus et por la mina alma et de aquelles a quen soo tiudo para senpre entre viuos, o melor et mays conpridamente que poso et deuo de dar de dereito, ao moesteiro de San Martinno de Villalourente et fraires et conuento del, conuen a saber: a midade de quanta herdade a min perteeçe por mina herança en na flegesia de Santiago de Villadonga, et a midade de quanta herdade aio so signo da flegresia de Don Saluador de Ansemar, tirando o foro que ellas deuen, por quanto entendo de viuer en no dito moesteiro et he saluamento de minna alma, con todos seus jur et perteeças et dereituras das ditas herdades, asi brauas commo mansas.
|