Item diso que o dito Diego Ferrandes fesera conplydor deste dito testamento a Juan Ferrandes de Sant que o conplise por llo do dito Diego Ferrandes et sen dano de Juan Ferrandes et que el apoderara ao dito Juan Ferrandes en todos seus bees mouelles et rayses que os tena et leue et aia para sy os nouos et froytos et rendas delles ata que o dito testamento fose conplido et le mandara vender tantos de seus bees sen autoridade de justiça por que conplla et page o dito testamento et o remanente que ficase a seus herdeyros et que mandara ao dito Juan Ferrandes que ouvese por seu trabalo por llo dito Diego Ferrandes et ouvese para senpre hun tallo de vina et herdade que ias en no dito logar de Trauadella en na veyga pequena commo parte das duas partes de outra vina do dito Juan Ferrandes, et parte de outra que foy de Pedro Vidal et de outra de Mayor Afonso.
Ano 1435 Título abreviado OMOM Título San Martiño de Vilourente Referencia Graña Cid, M. Mar (ed. ) (1990): Las órdenes mendicantes en el obispado de Mondoñedo. El convento de san Martín de Villaoriente (1374-1500). Separata de Estudios Mindonienses. Capítulo 246 Páxina 377 Autoría Ares Ferrandez de Villaxe "notario publico dado jurado do o obispo de Mondonnedo en nas ribeyras et terra de Sant et no celleyro de Balboa et nas prouanças" Tipo/finalidade/xénero Auto de escrituración de testamento oral Orixe Orixinal Lingua - Localización Sant [Sante-Trabada-L]