logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Cognozuda cousa seya a quantos esta carta uiren asi a os presentes como a os que an por víír que eu Pero Muniz dou e octorgo a uos Marina Perez mia moler en doazon e por compra de uosso corpo e en nome d ' arras, o casar de Ramirãẽs en que mora Sancha Perez mia filla e o casar d ' Oruan en que mora Michael Fernandiz e o casar de Caluos, que foy de donna Eluira en o qual mora Viuian Muniz, e outrosi o octro cassar de Caluos en que mora Pero Marino; et douuos estes cassares sobredictos e con todas suas derecturas e pertíízas, cum montes et cum fontes e cum pascus e cum entradas e cum seydas per hu quer que as ayam e deuen a auer, assi como os uos mellor poderdes auer asi uolos dou eu, e des aqui adeante uo -los dou que os ayades por jur de herdade e que fazades deles na uida e na morte toda uossa uõõntade, assi como fariades de uosa herdade propria e que eu nen outro hom̃ẽ por min en mia uoz nunca uos posan demandar nen buscar esta doazon que uos eu dou; e se per uentura filo ou filla ou neto ou neta ou octro homne de mia gẽẽrazon in mia uoz uos estes cassares sobredictos uos quiseren demandar ou buscar ayam a mia maldizon e a de Deus e cum Judas seya condenado no infferno e dobre a uos estes herdamentos de suso nomeados e a uoz del Rey peyte D. marauedis e demais a carta permẽẽesca en sua firmedue.

Ano 1273
Título abreviado PRMF
Título San Pedro de Ramirás
Referencia Lucas Alvarez, M. / Lucas Domínguez, P. P. (ed. ) (1988): San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática. Santiago: Publicacións de Caixa Galicia.
Capítulo 188
Páxina 384
Autoría Domingo Perez, notario do conçelo de Milmanda
Tipo/finalidade/xénero Venda
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Milmanda [Milmanda-Ou]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL