Damus a uos o sobredito casar con todas suas entradas et saydas per u as uos mellor poderdes auer saluo o que est ia del aforado, per tal condiçon que o lauredes et o paredes ben, que non defalesca per lauor et que o pobredes et o moredes per uoso corpo et seiades seruiçal obediente, et nos diades del cada ano terça parte de pan et de uino et de lino et de legumia per noso mordomo et proue -llo comunalmente, et que façades todos los outros foros asi como os outros seruiçáés da sobredita villa de Vallongo fazen a o sobredito moesteiro, et que leuedes os sobreditos froytos a o noso çeleyro a eyglesia et que diades as dereyturas asi como son usadas do casar.
|