Aforouos a dita leyra e vina con todas suas entradas e seydas a monte e a fonte por u quer que as senpre oubo e de dereito deua aver, por tal pleito e condiçon que a labredes e reparedes ben, como se non perca por mingoa de lauor e de todo bom reparo, e que dedes dela cada anno a min e as outras que depus min vyeren por renda çisa duas quartas de bom vino, e duas brancas por dereituras, todo por dia de San Martyno do mes de novenbre; e trageredes a nosa parte por vosa custa ao dito mosteiro; e do al, que a ajades libre e quite de todo outro trabuco; e se a quiserdes vender, ou deytar, ou dar, que ante frontedes con ela a min, ou as outras que por lo tenpo foren, tanto por tanto, por lo justo preçio, e nonna querendo nos entom a vendede, deytade, dade, a tal persona que seja vosa semellauele e que nos page os nosos dereitos en pas; e vos, fasendo e conprindo todo esto que dito he, eu obligo os bens do dito mosteiro a vos defender a dereito de quenquer que uos lo demandar quiser.
|