logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta biren como nos Baasco Gomes, prior do moesterio de San Saluador de Bilar de Donas, seendo en noso cabidoo por canpana taniuda segun que auemos de uso e de costume, con outorgamento de frey Aras e de frey Pedro, freyres do conuento do dicto moesterio, aforamos et aueruamos a uos Rudrigo Aras, ecudeiro, fillo de Rudrigo Aras Dargys, que foy, e a outra persona, qual uos nomeardes a tenpo de uoso finamento, e non seendo nomeada que seia aquela persona que de dereito ouuer de herdar os uosos benes, e por mays binte e noue annos alende da dicta persoa, todos los herdamentos e casas que o dicto noso moesteiro ha en Bilar de Nustiaas, que he su signo de San Martino do Couto, a montes e a fontes, casas, formaes, chantados, con todas suas pertenenças e dereitos, a tal pleito e condiçon que, por quanto o dicto lugar esta en ermo et desprouado e mal parado, que uos que o saquedes de monte e cubrades as casas do dicto lugar et lauredes as herdades del e que os saquedes donde iouueren enaleadas e mal paradas et moredes o dicto lugar por uos ou por outro e cubrades huna nosa yrmida que esta enno dicto lugar, et que nos dedes de foro et renda en cada hun anno das dictas herdades duas fanegas de çenteo en pas e en saluo, por mydida do noso celeiro, e hun capon, et que seiades basalos seruentes et obidientes a nos e ao dicto noso moesterio, et a dicto tenpo pasado que o dicto lugar de Nustiaas que fique ao dicto moesterio con as casas ben cubertas e con as herdades ben lauradas e ben apostadas et con todos los bonos paramentos e melloramentos que en el foren feitos, et este dicto foro uos outorgamos segun dicto he et pormetemos de o non coller a uos en este dicto tenpo por lo dar a outro por mays nen por menos nen por al tanto que nos outro por ela dea.

Ano 1402
Título abreviado PSVD
Título Vilar de Donas
Referencia Novo Cazón, José-Luis (ed. ) (1986): El priorato santiaguista de Vilar de Donas en la Edad Media (1194-1500). A Coruña: Fundación "Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa".
Capítulo 102
Páxina 314
Autoría Aras Afonso, notario publico en a merindade de Monte Roso
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Monte Roso-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL