logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta de renda e aforamento biren cono nos Diego Afonso, prior do mosterio de Bilar de Donas, seendo en noso cabidoo por canpaa tangida segun que auemos de uso et custume et con outorgamento de frey Rodrigo e frey Ares e frey Afonso et frey Gonçaluo e frey Afonso Peres, freyres do dicto moesterio, que estan presentes et outorgan, arrendamos e aforamos a bos Gomes Besteyro, fillo de Johan Besteyro, morador en Benciana, e a uosa muller Maria Garcia por en todos los dias de uosas bidas danbos et de outra persona, qual nomear o postromeyro de uos en sua bida ou ao tenpo de seu finamento, conben a saber, que uos arrendamos et aforamos a nosa leyra de Sanpil con o leyro que mandou Ares Peres de Pol, clerigo, ao moesterio; o qual dicto leyro iaz junto con a dicta leyra a a maao de Çima e o nabal da Silua con a casa que esta en Sanpil, con suas entradas e saydas, os quaes son enna fregresia de Sayoane de Lodoso, con tal pleito e condiçon que lauredes a dicta leyra e leyro e nabal e cubrades a dicta casa, que se non pergan con mingoa de labor e de bono paramento, et deades en cada hun anno bos e a dicta persoa de foro e renda ao dicto moesterio huna fanega de pan pela tulla do dicto moesterio et tres galinas por dia de San Martino, e seiades seruentes e obedientes ao dicto moesterio con fe e con berdade e a fin de uos anbos et da dicta persoa que os dictos leyra e leyro e nabal et casa que fiquen liures e quitos et desenbargados ao dicto moesterio, cuios son, con todos los bonos paramentos e melloramentos que en elles foren feitos, e a dicta casa ben cuberta e reparada de madeyra e giestas e palla.

Ano 1433
Título abreviado PSVD
Título Vilar de Donas
Referencia Novo Cazón, José-Luis (ed. ) (1986): El priorato santiaguista de Vilar de Donas en la Edad Media (1194-1500). A Coruña: Fundación "Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa".
Capítulo 124b
Páxina 345
Autoría Pedro Damor, notario enna terra de Ulloa por Johan Rodrigues Furtio, notario publico enna meyrendade de Monterroso por Lopo Sanches de Ulloa
Tipo/finalidade/xénero Renda e aforamento
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ulloa-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL