logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Anno do nasçemento de noso Sennor Ihesuchristo de mill et quatroçentos e quarenta et quatro annos, quinze dias do mes de dagosto, estando en San Breiso, que e en terra de Ulloa, en cas de Roy de Torono, juyz da dita terra de Ulloa, en presencia de mi, notario, e testigos debaixo escritos, paresceu por presente Diego Afonso, prior do moasterio de San Salvador de Bilar de Donas, que he da Orden da Cavalleria de Santiago, e presentou e por mi, notario, fez leer hun escrito de testimonyo que en sua mao traia; do qual testimonyo que en sua mao traia; do qual testimonyo e scrito o thenor he este que se sigue: notario que sodes presente, dade testimonyo signado a nos Diego Afonso, prior do moesterio de Bilar de Donas da Orden da Cavalleria de Santiago, de como nos aqui, por ante ho onrrado e discreto baron Lopo Sanches de Ulloa e por ante a nobre sennora don Ynes de Castro, sua moller, deçemos, en nome do dito noso moesterio e freyres del e noso, en seu nome, que nos, pouco tempo ha, avemos achados privilegios, asi dos reys de Castela como dos padres santos que foron enna Iglesia de Deus, e escrituras publicas de diversas e moytas mercedes e donaciones e mandas que a dita Orden e moesterio e priores e freyres del foron donadas e mandadas e outras compras e ganancias que os priores que foron do dito monesterio e compraron e ganaron e deles e dos freyres e da cada huns deles ao dito noso moesterio foron mandadas e deles ficaron aneixas para sempre, conven a saver, casas, binas e herdades, agros e cortinas e apresentaçoes e padroadegos de iglesias enna diocesis e obispados de Lugo e Ourense e Mondonedo e archiobispado de Santiago e en outras partes, segun que se raconta ennas ditas scrituras, e das quaes certoso nosos antecesores estavan en possison vel quasi de presentar certos beneficios e aver levar os padroadegos delas e os bracedegos e rendas e froytos das herdades e binas fasta que beneron e sennores poderosos, que non temendo a Deus nen abendo compasion de suas almas, os desapoderaron e tenen desapoderados; e agora alegan . . . dos bees e apresentaçoes e padroadegos do dito moesterio, das quaes non ouveron nen han nen poden aver directo e como segun hun privilegio da dita Orden que diz que non posan e . . .

Ano 1444
Título abreviado PSVD
Título Vilar de Donas
Referencia Novo Cazón, José-Luis (ed. ) (1986): El priorato santiaguista de Vilar de Donas en la Edad Media (1194-1500). A Coruña: Fundación "Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa".
Capítulo 141
Páxina 367
Autoría Afonso Peres de San Martino, escrivano de nuestro sennor el rey e seu notario publico en sua corte e en todos los seus reynos e sennorios
Tipo/finalidade/xénero Pedimento
Orixe Orixinal
Lingua
Localización San Breiso-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL