logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta de aforamento biren como nos Aluaro Gonçalues, prior do moesteyro de San Saluador de Bilar de Donas, et frey Afonso Lopes et frey Ares et frey Afonso Peres, freyres do dicto moesteyro, seendo juntados en noso cabido dentro enno dicto moesteyro por canpana tangida segun que abemos de uso et de custume, beendo que esto adeante contyudo et feyto en pro et probeyto do dicto moesteyro et considerando en como bos Fernan do Ribado, fillo de Pedro Yanes do Ribado, nos fasedes aiuda et as cousas do dicto moesteyro; por ende, nos et por nosos subçesores aforamos et damos et outorgamos en aforamento et por rason de foro a bos, o dicto Fernando do Ribado, por dias de bosa bida et por mays tenpo a alende de bos tres bozes, as quaes se han de nomear en esta manera: que bedes de nomear a primeira boz en bosa bida ou a tenpo de boso fynamento et a primeira boz deue nomear a segunda bos et a segunda boz deue nomear a terçeyra boz, et non seendo asy nomeados segun dicto he queremos que seian bozes et personas aqueles ou aquelas que con bosco . . . en este foro, conben a saber, que bos aforamos a bos et as dictas tres boses apus bos a nosa herdade do Ribado, que son des, trese ata quatorze leyras, segun que ban a montes et a fontes; et mays bos aforamos una casa que esta quando ban por la congostra a maano dereita, sacando dela hun oytabo que non he do dicto noso moesteyro; et mays bos aforamos outras tres casas, con seus çeleyros, que estan enno dicto lugar do Ribado, a qual he huna delas a casa do forno et a outra he a casa en que agora bos morades et outro formal de casa que esta su a casa grande en que morades; as quaes casas se parten en esta maneira: que han de sacar destas duas casas grandes hun oytabo et despoys partyrlas por medeo, et huna metade delas he do dicto noso moesteyro, saluo o formal da casa que ias enbaixo que he a matade del enteyramente do dicto noso moesteyro et Ordeen del; a qual dicta herdade et casas iasen enno dicto lugar do Ribado, su signo de Seoane de Couelo; por las quaes herdades et casas de suso nomeadas nos abedes de dar et pagar bos et as dictas tres boses a nos et a nosos subçesores, que despoys de nos subçederen enno dicto moesteyro, de cada anno de renta et foro esto que adeante se sigue: a huna das maaos, o anno que se labrar a dicta herdade que bay contra a carballeyra, quatro fanegas de pan et dous marauedis, et o anno que se labrar a herdade a outra maano duas fanegas de pan et dous marauedis, asy de anno en anno segun se labrar a dicta herdade; a qual dicta renta et foro se ha de pagar en todo o mes de agosto ou de setenbro enno dicto lugar do Ribado porla medida dereyta da tulla do dicto noso moesteyro; et a qual dicta herdade et casas bos aforamos a tal pleyto et condiçon que labredes bos et as dictas bozes depus bos as dictas herdades et repararlas ben et asymenesmo as dictas casas que se non pergan por mingoa de bono reparamento; et seiades seruentes et obedientes bos et as dictas tres bozes depus bos a nos et a nosos subçesores et ao dicto moesteyro; et queremos nos, o dicto prior et freyres, que este dicto aforamento desta dicta herdade et casas bos nen as dictas bozes depus bos non posades bender nen sopenorar nen canbear nen enagenar con outra persona alguna, saluo seendo nos primeiramente requeridos, et se o quisermos tanto por tanto, se non que entonçes o posades dar a tal persona que repare as dictas herdades et casas et pague a dicta renta et foro a nos et a nosos subçesores; et este dicto aforamento enno dicto tenpo durante bosa bida et das dictas boses depus bos non bos deue seer tirado nen tollido por mays foro et renta nen por menos nen por al tanto que outro algun por elo de, ante queremos et outorgamos que bos seya feyto saano et de pas enno dicto tenpo segun dicto he por dereito por los bees do dicto moesteyro que bos para elo obligamos; et fynado o dicto tenpo do dicto aforamento que as dictas herdades et casas deles nos fiquen libres et quitas et desenbargadas de bos et de bosas boses con quanto perfeyto et bono reparamento en elo for feyto.

Ano 1467
Título abreviado PSVD
Título Vilar de Donas
Referencia Novo Cazón, José-Luis (ed. ) (1986): El priorato santiaguista de Vilar de Donas en la Edad Media (1194-1500). A Coruña: Fundación "Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa".
Capítulo 172
Páxina 421
Autoría Aluaro Lopes, de Bilouris, escriuano de noso sennor el rey et seu notario publico enna sua corte et en todos seus reynos et sennorios et notario publico enna meyrindade de Monte Roso
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Monte Roso-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL