logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta de aforamento biren como nos, Aluaro Gonçalues, prior do moesteyro de San Saluador de Bilar de Donas, con consentimento et outorgamento de frey Afonso Lopes et frey Ares, nosos freyres, que con nos son presentes, seendo juntados en noso cabido por canpana tangida segund que abemos de uso et de custume, que fasemos por nos et en nome do dicto noso moesteyro et de nosos subçesores, aforamos et damos en aforamento a bos Roy do Fontaano et a bosa moller Ynes Gonçalues, moradores que agora sodes enna fregresia de San Miguel de Melias, por dias de bosas bidas d ' anbos et mays a alende do postromeyro de bos outras tres bozes, as quaes se han de nomear en esta manera: que o postromeiro de bos ha de nomear a primeira boz en sua bida ou ao tenpo de seu finamento et a dicta primeira boz ha de nomear a segunda boz et a segunda boz deue nomear a terçeyra boz, et non seendo asy nomeadas que seian bozes et personas deste dicto foro aqueles ou aquelas que de dereito herdaren bosos benes, conben a saber, que bos aforamos o noso lugar do Monte, que he do dicto noso moesteyro, que iaz et he sito enna fregresia de Sancto Osebeo, que he en terra et jurediçon da Peroja; o qual bos aforamos con todas suas herdades plantadas de binnas et outras qualesquer herdades que seian pertenesçentes ao dicto lugar, con suas casas et adegas et arbores et con todas suas rentas et pertenenças et entradas et saydas segun que o dicto noso lugar bay a montes et a fontes su signo da dicta fregresia de Sancto Osebeo segun et enna manera que perteneçe et perteneçer deue ao dicto noso moesteiro et a nos por rason del; o qual bos aforamos con tal pleyto et condiçon que biuades et moredes bos et as dictas bosas boses depus bos dentro enno dicto noso lugar et non en outro; et tenades as dictas binnas et herdades et casas et adegas ben reparadas et cubertas as dictas casas et adegas como se non pergan por mingoa de bono reparamento; et dentro en este dicto anno de saseenta et nobe annos abedes de leuantar et cobrir et reparar as casas et adegas do dicto lugar; et doie en tres annos primeyros seguentes que dedes as binnas que iasen des lo muro adentro segun que estan acortinadas plantadas de binnas, et as que estan plantadas que as tenades ben reparadas et a saluo quede a herdade que esta por nabal que a non plantedes de binna se non queserdes, et eso menesmo a saluo quede que se nos, o dicto prior, quisermos plantar septe ou oyto cabaduras de binnas dentro enna dicta cortinna que bos, o dicto Rodrigo do Fontaano et bosa moller, dedes lugar a elo et que aiamos o binno do que asy plantemos sen enbargo ninhun; por lo qual dicto noso lugar et binnas et herdades et rentas et dereyturas a el pertenesçentes segun dicto he abedes de dar et pagar de renta et foro en cada hun anno bos et as dictas bosas boses depus bos a nos, o dicto prior et a nosos subçesores que despoys de nos bieren seys moyos de binno, linpo et curado, desde San Martino de nouenbro fasta Pascoa Frolida, que son quatro canados por moyo, por medida dereita da dicta fregresia, saluo en estes dous annos primeyros seguentes abedes de dar quatro moyos cada anno, et dende endeante abedes de pagar os dictos seys moyos de bino de cada un anno durante o tenpo deste aforamento; et quando nos, o dicto prior, ou nosos subçesores ou nosos omes ou freyres formos ao dicto noso lugar abedesnos de dar pousada et cama et fogo et agoa et sal; et seerdes bos et as dictas bosas boses seruentes et obedientes a nos et a nosos subçesores; et non abedes de bender nen enallear nen sopenorar nen canbear este dicto aforamento deste dicto noso lugar con persona ninhuna sen primeyro seermos nos ou nosos subçesores sobrelo requeridos, et se o quisermos tanto por tanto que outro alguno por elo de que o aiamos, se non que entonçes o posades dar a persona semital de bos que pague o foro et renta que abedes de pagar et cunpla as condiçonos sobredictas.

Ano 1469
Título abreviado PSVD
Título Vilar de Donas
Referencia Novo Cazón, José-Luis (ed. ) (1986): El priorato santiaguista de Vilar de Donas en la Edad Media (1194-1500). A Coruña: Fundación "Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa".
Capítulo 176
Páxina 430
Autoría Aluaro Lopes, de Bilouris, escriuano de noso sennor el rey et seu notario publico enna sua corte et en todos seus reynos et sennorios, et notario publico enna meyrindade de Monte Roso
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Monte Roso-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL