logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta de aforamento biren como nos don Loys Lopes, prior do moesteiro de San Saluador de Bilar de Donas, que he da horden da cabalaria de Santiago, et conosco os freyres do dicto noso mosteiro seembtados juntos dentro do corpo do dicto noso moesteiro por tangemento de canpana tangida segun que abemos de uso et de custume et beendo et agredendo que esto adiante contiudo he feito prol, probeyto et utilidad do dicto noso moesteiro et dos benes et posesonos del, outorgamos et conosçemos que façemos, por nos et en nome dos outros priores et freyres que en pos de nos bineren et subçederen enno dicto noso moesteiro, aforamos et damos en aforamento et por rason de foro a bos Sueiraes, de Steponos, que presente sodes, et a bosa moller Maria Sanches, que he absente, tanben et tan conpridamente como se fose presente, conben a saber, que bos aforamos et damos enno dicto foro et carta o noso lugar de Tras Miee et o lugar de casal de Balteyro et o lugar de Fagilde et o lugar de San Bytoryo et o lugar de Fonteela Redonda et o lugar de Suriba et o lugar de Lalyn con as herdades de San Sebasthanoo et o lugar de Linares, que son sitos ennas frigisias de Sancta Maria de Pujeda et de San Pedro de Sallaya et en Santiago d ' Albaa et en San Sabasthanoo de Gestrar, que son en terra de Ulloa et da Repostaria, et en Santiago de Linares, que he en terra de Abeancos, que son nosos et do dicto noso monesterio, conben a saber, que bos aforamos por dias de bosa bida et da dicta Maria Sanches, bosa moller, et por mais a alende o postromo de bos tres boçes et bynte et nobe annos; a prima boz qual o postromo de bos nomear en sua bida ou ao tenpo de seu finamento, et non seendo nomeada a dicta primeyra boz que seia bos quel ou aquela que herdar a mayor parte dos benes do postromero de bos posa nomear a segunda boz et a segunda boz posa nomear a terçera et a terçera posa nomear a persona que tenna et aia os dictos bynte et nobe annos, et con tal pleito et condyçion que aiades de haser as casas dos dictos lugares que iasen derribadas et faser labrar as herdades deles de manera que non se perga todo por mingua de restoyramento, labramento et thonsura, et saques las herdades dos dictos lugares donde iasen ascondidas et negadas a bosa custa et misyon; et abedes de ser serbentes et obidientes a nos et ao dicto noso mosteiro et subçesores; et abedes de dar et pagar de renta et foro de cada anno bos et as dictas bosas boses et persona que subçeder et nos dictos bynte et nobe annos dose fanegas de çenteo, lynpo de poluo et de palla, et medidas porla fanega dereyta da tulla do çeleyro do dicto noso moesteiro enno mes de agosto ou de setenber et nos lugares sobredictos que mays cerqua nos estoberen probados e mays açerqua do dicto noso mosteiro, por quanto estes sobredictos lugares tobo aforados boso sogro Gonçaluo da Rigeyra por çertas boçes et por los dictos bynte et nobe annos et abia de dar de renta et foro de cada anno oyto fanegas de pan et agora abedes de pagar dose fanegas; as quaes boçes et annos aynda non son conplidos; por eso, porque he probeyto do dicto moesteyro et Horden dela bos fasemos o dicto foro; et a fin do dicto tenpo asy leyxar todo libre et quito et desenbargado con todos los perfeitos et bonos paramentos que ennos dictos lugares foren et estoberen feitos ao dicto moesteiro et subçesores del; et bos, o dicto Sueirares, nen a dicta bosa moller et boses et personas que subçederen ennos dictos bynte et nobe annos non abedes de bender nen sopenorar estes dictos lugares et herdades deles nen traspasarlos en persona alguna sen primeiramente requerir a nos et a nosos subçesores se o queremos tanto por tanto, et non o querendo que entonçes o posades faser a tal persona que seia llana et que dea et pague as dictas dose fanegas de pan de cada anno et cunpla et garde as outras maneras et condyçonos suso dictas.

Ano 1489
Título abreviado PSVD
Título Vilar de Donas
Referencia Novo Cazón, José-Luis (ed. ) (1986): El priorato santiaguista de Vilar de Donas en la Edad Media (1194-1500). A Coruña: Fundación "Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa".
Capítulo 183
Páxina 442
Autoría Jacome Garçia, de Pedraça, escribano del rey nuestro sennor et seu notario publico enna sua corte et en todos los seus reynos et sennorios et notario publico enna meyrindade de Monte Roso et sua jurediçion porlo sennor don Sancho de Ulloa, conde de Monterrey, meu sennor
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Monte Roso-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL