logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Saban quantos esta carta viren e ouhiren que eu Iohan perez çapateyro de bayona filo de Pero çapateyro. avos don hanrrique abade do moesteyro doya eo convento desse mismo logar eao moesteyro sobredito. dou e por sempre outorgo quanto dereyto eu ey e pudria aver ata o dia doge en una vossa casa que e do dito moesteyro que eu tiina do dito moesteyro a renda en que eu ora moro na vila de Bayona que esta apar da outra vossa cassa en que suhia estar o forno. en que ora mora Estevano iohannis e da outra parte esta a cassa sovradada que fez Martín gago en que el suhia amorar que esta na rua daarca. dou avos e outorgo quanto dereyto eu ey na dita casa con seu ixido e conna vina que eel esta assi commo esta chouso e marcado e devisado e con sus camaras e alpenderes dessa casa e con todos seus pertecementos e dereytos de dentro e de fora e con suas entradas e sahidas e por isto destes a min Cinquanenta e cinque libras de dineyros alfonsies de que eu fuy e soo muy ben pagado e passaron o meu iur e a meu poder sen nenuna contenda e de mays vos dicto abade destes a min en nume do dito moesteyro una vossa casa que esta na villa de Bayona a apar da casa de dona vahina e da outra parte en una casa que ora ten Iohanna bernabeu e seu ixido de tras dessa casa e con suas entradas e sahidas dessa casa aatal pleito que eu tena a dita casa que a min dades con seu ixido en toda mea vida tan solamente e que a non possa vender nen canbiar nen dar nen alear en nenuna maneyra e a meu finamento que fique a dita casa con seu ixido livremente sen enbargo niunu ao dito moesteyro e una gran quantia de dineyros que vos devia da renda da dita casa do que me vos quito. em que eu ora moro. que vos amin quitastes que eu nin mia voz non seamos tiudos de volos dar.

Ano 1288
Título abreviado ROT
Título Tui séculos XII-XV
Referencia Portela Silva, Ermelindo (ed. ) (1976): La región del obispado de Tuy en los siglos XII a XV. Una sociedad en expansión y en la crisis. Santiago: Tip. El Eco Franciscano. Separata de Compostellanum (20).
Capítulo 20
Páxina 369
Autoría vidal dominguez "notario publico do Concello de Bayona de minnor"
Tipo/finalidade/xénero Concambeo
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Bayona de minnor [Baiona-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL