E sobre lo qual aforamento Gonçalvo fernandez coengo disso depoys que non fora a elo presente e que achava que o cabidoo fora enganado en mays da meadade do dito preço ao tenpo do dito aforamento e agora ante que o dito Ioan pelaez lavrase non metese mais custa et os ditos dayan e cabidoo reçeberonno a ele e porque non acharon que o dito cabidoo fosse enganado de mays da meadade do dito preço pero que agradasen sobre elo ao dito Gonçalvo fernandez por tres cabidoos confirmaron o dito foro dos ditos moynnos aos ditos Iohan pelaez e sua moller pola dita contia e que llo non podessen da qui endeante mays demandar sobre elo o jur eo preço delles et o dito Gonçalvo fernandez disso que consentia en elo et mandaron fazer dous estromentos hunu tal como outro.
Ano 1370 Título abreviado ROT Título Tui séculos XII-XV Referencia Portela Silva, Ermelindo (ed. ) (1976): La región del obispado de Tuy en los siglos XII a XV. Una sociedad en expansión y en la crisis. Santiago: Tip. El Eco Franciscano. Separata de Compostellanum (20). Capítulo 82 Páxina 437 Autoría Nunno Gonçalez "notario de Tuy" Tipo/finalidade/xénero Foro Orixe Orixinal Lingua - Localización Tuy [Tui-P]