Esto que sobredito he vos aforamos sacado o que ende he afforado per tal pleito e condiçon que as lavredes e pobredes en gisa que non falesca per myngoa de lavor e de pobrança e de boos paramentos e que nos dedes a terça parte de todas as cousas que deus hi der e medio de vinno e se fezerdes vinna de novo vos ou as vozes que aquel que aa fazer que de dela terça en sua vida e as vozes de pus el que de dela medio e colleredes todas as ditas novydades per nosso omme aoqual avedes a proveer de comer e de bever communalmente mentre coller o nosso quinon e por foros. por cortina de berças e froyta e castannas dardes cada anno polo dito dia çinquo moravedis e que nos passardes polo mar anos e a os nossos quando alo formos per vossa custa de yda e de viinda e que façades ao abbade serviço e ao prior eao çelareyro huna vez eno anno quando formos en essa comarca asi commo a sennores que seiades nossos vassalos serventes e obedientes e non nos passardes outro sennorio arrostro. veredes aos nossos enprazos e terredes os nosos encoutos e aseymento de cada huun de vos que paguedes loytosa e o que o non morar ou lavrar per si que o non aya por foro nen por erdade e que non criedes hi fillo nen filla de dona nen decavaleiro nen descudeiro nen dome de tras muro nen dome poderoso e que o non possades vender nen dar nen allear nen por vossas almas mandar senon ao dito moesteyro polo justo preço e a seymento da pustrimeira voz todas as cousas sobreditas fiquen livres e quites e desenbargadas ao dito moesteyro con todos seus boos paramentos sen outro enbargo nen huun.
Ano 1396 Título abreviado ROT Título Tui séculos XII-XV Referencia Portela Silva, Ermelindo (ed. ) (1976): La región del obispado de Tuy en los siglos XII a XV. Una sociedad en expansión y en la crisis. Santiago: Tip. El Eco Franciscano. Separata de Compostellanum (20). Capítulo 99 Páxina 456 Autoría frey Alvaro perez "escrivan do dito moesteyro" Tipo/finalidade/xénero Foro (prazo e aforamento) Orixe Orixinal Lingua - Localización mellom [Melón-O]