Et eu o dito Juan Gomes ajo vos de dar a vos os ditos frayres e convento do dito moosteiro para sempre a terça parte do vinno de todas las vinnas do dito lugar da Devesa e levardes vos o dito Juan Garcia e vosa moller e vosas voses e erdades para sempre as outras duas partes do vinno e avedes de lavrar vos o dito Juan Garçia as ditas vinnas e erdades do dito lugar que chaman da Devesa de todas las lavorias e provo e estercadurias que ouvere mester, para o qual todo esto asi teermos e gardarmos e complirmos nos os ditos prior e frayres e convento do dito moosteiro obligamos a esto que desuso dito he o noso lugar et eu o dito Juan Garçia obligo a elo de teer e gardar e complir todo esto que dito he.
Ano 1448 Título abreviado SDV Título San Domingos de Viveiro (XIV-XV) Referencia García Oro, J. (1987): "Viveiro en los siglos XIV y XV. La Colección Diplomática de Santo Domingo de Viveiro", Estudios Mindonienses, 3, pp. 11-132. // Publicado posteriormente como libro polo concello de Viveiro (1988). Capítulo 67 Páxina 96 Autoría Pero Anton de Viveiro, escrivano de noso sennor el Rey e seu notario enna sua corte e en todos los seus regnos Tipo/finalidade/xénero Foro Orixe Orixinal Lingua - Localización Viveiro [Viveiro-L] (Viveiro [Viveiro-L])