logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Saban quantos esta carta vieren commo nos o doutor Frey Pedro de Santa Marinna, prior do mosteiro de San Domingo de Viveiro e o doutor Frey Fernando das Ribeyras e Frey Pedro de Vilamayor, doutor, e Frey Vasco de Lagoa e Frey Alvaro de Chavin e Frey Pedro Revoyra, doutores, e Frey Pedro de Santo Estevoo e Frey Lope de Burela e Frey Juan de Lourenças, freyres conventuaes do moosteiro de San Domingo de Viveiro seendo juntados en noso capytolo per campaa tanjuda, segundo que o avemos de uso e de custume, damos a foro e a censo pera sempre jamays por jur de herdade a vos Domingo Yannes das Fontes e a vosa moller Orraca Yannes, moradores enna frigelia de Santo Estevoo de Sumoas e a vosas voses e herdeiros pera sempre todos los bees, casas e vinnas e herdades e soutos e pumares e quinones deles que o dito Frey Pedro de Santo Estevoo ten ennas frigelias de San Miguell de Ferrol e de Santo Estevoo de Sumoas e de Santa Maria de Burela con os padroadegos que o dito Frey Pedro de Santo Estevoo ten e ha ennas ditas iglesias, o qual dito foro das ditas herdades vos os ditos Diego Yannes das Fontes e Orraca Yannes, vosa moller e vosas voses e herdeyros por sempre avedes de levar pera sempre despoys da morte do dito Frey Pedro de Santo Estevoo, e o dito Frey Pedro que leve as ditas erdanças e padroadegos en toda sua vida e depoys da morte do dito Frey Pedro de Santo Estevoo, vos os ditos Diego Yannes das Fontes e Orraca Yannes vosa moller e vosas voses e erdeyros pera sempre avedesnos de dar a nos os ditos frayres e convento do dito moesteiro de San Domingo de Viveiro pera sempre e a nosos subçesores que despoys de nos veeren de foro das ditas erdanças tres medidas de trigo en cada huun anno pera sempre, posto enno dito moosteiro por Santa Maria de Agosto en cada anno, por o qual todo esto asy teermos e gardarmos e cumplirmos nos os ditos prior e frayres e convento do dito moosteiro obligamos esto que de suso dito he, as ditas erdades que vos asy aforamos.

Ano 1450
Título abreviado SDV
Título San Domingos de Viveiro (XIV-XV)
Referencia García Oro, J. (1987): "Viveiro en los siglos XIV y XV. La Colección Diplomática de Santo Domingo de Viveiro", Estudios Mindonienses, 3, pp. 11-132. // Publicado posteriormente como libro polo concello de Viveiro (1988).
Capítulo 68
Páxina 97
Autoría Pero Anton de Viveiro escrivano de noso sennor el Rey e seu notario publico enna sua corte e en todos los seus regnos
Tipo/finalidade/xénero Aforamento perpetuo
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Viveiro [Viveiro-L] (Viveiro [Viveiro-L])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL