logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Dos froytos dos benefiçios pus mortem Sabam qantos esta carta viren commo nos, Don Affonso, por la graça de Deus et da santa iglesia de Roma, bispo de Mendonedo, en senbra con Don Ruy Sanches daean et cabidoo et todo o cabidoo dese meesmo lugar, seendo ajuntados con la clerisia de nosso bispado enno signado geeral dos clerigos que se agora fas en Villamayor da See de Mendonedo por la festa de San Johan Bautista, da era desta carta; et fesemos o dito signodo ante de festa dAgosto por rason (de seer) chamados de nosso Sennor el Rey Don Pedro pera as Cortes de Valledolid; et parando mentes aas grandes (et dolo)rosas mingoas, afficamentos, pedidos et tallas grandes dos Reys et dos outros sennores que os ditos clerigos de nossa iglesia et bispado de Mendonedo han recebido ata aqui et reçeben cada dia; doendo nos deles et da sua pobresa, por lles acorrer et por lles fasermos graça et mercee que aian algua cousa de que possan conplir seus testamentos et suas mandas, damoslles et outorgamos que cada hun dos clerigos que agora son vivos et benefiçios teen et os gaanaren depoys en nosso bispado, que depoys de sua morte aian ben et conpridamente, eles et seus herees, as rendas et froytos et dineyros deles, de dia que finaren ata hun anno conprido, salvo que fique tanta das rendas et dos froytos desses benefiçios, porque as iglesias seian servidas das horas et os dereytos et padroadigos et rendas da See et dos padroes et as tallas et as outras cousas que y acaesçeren por lo benefiçio ou por la parte do clerigo que finar pagadas.

Ano 1351
Título abreviado SHIG
Título Synodicon hispanum I. Galicia
Referencia García y García, Antonio (DIR. ed. ) (1981): Synodicon hispanum I. Galicia. Madrid: Editorial Católica (Biblioteca de Autores Cristianos).
Capítulo Mond. , 3
Páxina 18
Autoría Johan Affonso, raçoeyto et notario da iglesia de Mendonedo
Tipo/finalidade/xénero Constitución sinodal
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Mendonedo-[L]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL