Et se eles ou cada hun deles tevessen terra ou ofiçio ou prestamo do dito sennor obispo ou do dito cabidoo de Mondonedo, que o perdessen por ese meesmo feyto et que eles ou cada hun delles non podessen seer asoltos da dita sentença descomoyon ata que entregassen todas las cousas et cada huna delas que lles asy tomassen ou roubassen en contra suas voontades et fezessen enmenda et corregemento ao dito sennor obispo et persoas et coengos et raçoeyros et clerigos et servidores da dita iglesia de Mendonedo et da injuria que lles asy fesessen; et se fosse juys ou alcalde ou ofiçial de qalquer lugar do bispado de Mondonedo hu estevesen aquelles que o dito malefiçio fesessen ou morassen, que fosse o lugar enterdito en qanto elles ou cada hun deles en el estevessen ou morassen, ata que veesen faser enmenda et corregemento do que asy tomassen ou roubassen et da injuria que lles assy fesessen et entregasen todo qanto lles tomassen et roubassen et meresçessen de aver absoluçon.
|