logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

En esta maneira mando a minna alma ao meu señor Ihesu Cristo que a comprou e remeu por lo seu santo sangre preisoso e rogo e peço aa Virgen Santa Maria sua madre que seia minna avogada ena vyda e ena morte e ao dia do Grande Iuiço e item mando seer meu corpo seer sopultado eno çemytero da ermida de Santa Maria do Camino da dita villa e contense mais ao adieante ena dita manda outrella outras cousas unha clausulla que dezia asy, item mando aos laçerados da ermida de Santa Maria do Camino para sempre o foro da vinna que esta en Monteporreiro que de min ten aforada Roy de Santa Clara que roguen os ditos lacerados a Deus por la minna alma et de aqueles a quen eu soon tyuda et faço minna compridor desta minna manda e testamento que a cumpra e pague por meus bees sen su dano, María Nunes laserada e mina manda cumpellida e pagada e todo cuanto eu mando cumplir e pagar al que remaneçer de meus bees asy movelles como rayzes faço em ella por meu yrêe ao dito Gomes de Castro lazerado da dita hermida que os aia e dada para sempre sen embargo algum e aparto todollos outros meus parentes et parentas con Vo r. que non aia nen alem mays ey meus bees e con esto os aparto e revoquo todollas outras mias mandas e convollos por ninhuas que eu tevese feitas ata este presente dia salvo esta que agora fasço e outorgo por este notario e testigos de Iuso escriptas que çeso e outorgo que valla como myna manda meu testamento e minna postromeia voontades e fasça fe em juiço e fora del para sempre e qualquer que da minna parte ou de estranna que ques esto veer en parte ou en toda outorgo de peyte por pena a dita mina cumpridora e trees mill mrs. asy que esta pena pagada ou non pagada e valla para sempre em sua revor.

Ano 1429
Título abreviado SMCP
Título Santa María do Camiño (Pontevedra)
Referencia Comesaña Martínez, María Ángela (1995): O tombo do Hospital e Ermida de santa María do Camiño de Pontevedra. Pontevedra: Museo de Pontevedra.
Capítulo 10
Páxina 73
Autoría Ioam Afonso Gago notario publico jurado da villa de Pontevedra
Tipo/finalidade/xénero Testamento
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra-[P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL