logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Conven a saber que vos aforo toda aquella casa que esta en a rua dos toneiros a qual dita casa foy de Costanza da Rua e a qual dita casa vay de longo con a outra casa de Pero Calvyno e da outra parte a casa que mora Iohan Troque e say a rua parte con seus portales e topa con seu [ouotm] e aforovos a dita casa con seu tarreo e pedra e tella e madeyra e pousos e agoas cristelinas tan ben en alto como embaixo aforovos a dita casa segundo que dito he por tal maneira e condiçon que vos e vosa moller e vosa vos que agardedes e reparedes a dita casa e a levantedes o que jas en o tarreo como se a dita casa non perga por mingoa de restoyramento salvo caendo por pee ou ardendo o que Deus non teyra e que avedes de dar e pagar vos e vosa moller e vos a min e a mina vos en cada huun ano por foro e renda e conosçemento sen desconto alguun dies e seys mrs. dedes des mrs. por mr. e dos quaes ditos dies e seys mrs. an de aver os lazerados da ermyda de Santa Maria do Camino oyto mrs. cada huun ano para sempre et ena dita casa e a dita vos forada que a dita casa me fiquen livres e quite e desembargada de vos e de toda vosa vos e de outro alguun con todo o boo feytio que en ella estever feito e avendo vos ou vosa moller e vos de vender ou sopenora ou enalear este dito foro ou feytio que en ello estever feito a min e a mina vos a devedes faser tanto por tanto quanto vos outro por el dar e non no querendo eu nen mina vos que o fasades a persona semetavel de vos que compra e page e guarde o que nos sodes tiudo de comprir e agardar por este publico estromento de aforamento e eu e mina vos devemos vos de ampar e defender en o dito tempo de todo lembargo con o dito foro por min e por todos meus bees que vos para ello obligo e qualquer de nos partes que contra elo veer outorgamos que peyte por pena aa outra parte que o comprir e agardar quinientos mrs. asy que a pena pagada ou non pagada este estromento de aforamento e as cousas en el contiudas sejam firmes e vallan en sua revor e eu o sobredito Pero de Lovelle que soon presente por min e por la dita mina moller absente e por la dita vos asy o reçebo e outorgo de vos o dito Afonso Yanes o dito foro da dita casa por las mandas e condiçoes sobreditas e para o asy todo teer e comprir e agardar obligo a ello min e todos meus bees e so a dita pena.

Ano 1424
Título abreviado SMCP
Título Santa María do Camiño (Pontevedra)
Referencia Comesaña Martínez, María Ángela (1995): O tombo do Hospital e Ermida de santa María do Camiño de Pontevedra. Pontevedra: Museo de Pontevedra.
Capítulo 14
Páxina 78
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra-[P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL