logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Por ende aforamos e damos en aforo desde este dia de San Miguel do mes de setembro primeiro que ven endeante para todo sempre a vos por Garçia pedreiro vezino da dita villa de Pontevedra que sodes presente e a vosa moller Ynes Domingues e a todas vozes e suas os nove branquos de matar carne que nos aveemos e nos pertenesçen en a carneçaria de Santa Maria a Grande de dita villa con mais a nosa parte de casa que esta junta con a dita carneçaria en que poem a carne morta, os quaes branquos todos ou a mayor parte dellas agora jasen derroydos em terra, e aforamos vos por sempre como dito he os ditos nove brancos e toda a dita nosa parte de dita casa con mais toda a outra nosa parte e dereitos e dereitas que avemos et nos perteesçen en a dita carneçaria e casa sobredita con toda sua pedra vella, ferro, madeira et ancho et de longo et de baixo et de alto et con todas suas entradas et seydas et pousos jures et agoas uteis et perteenças et dereitos que lles perteesçen e perteeçer deven asi de feito como de dereito em tal vya e maneira que vos ergades et procuredes e adubedes e reparedes os ditos branquos da dita carneçaria et eso mesmo o tellado da dita carneçaria et a dita nosa parte da dita casa da dita carneçaria de pedra, tella, ferro, madeira et de todos los autos labores que lle fezeren mester en maneira que non desfalescan nen se pergan por mingoa de percotamento et adubeiro salvo caendo de todo ou se derruyndo ou ardendo o que Deus non quira que non sejades tuidos para os adubrar et devedes de dar vos et a dita vosa moller et vosas vozes a nos et a nosos suçesores por foro çenso et conosçemento dos ditos brancos e carniçaria e casa dela e dereitas delo en cada huun anno enteiramente em salvo sen desconto alguun çento et trynta e çinco mrs. de moeda vella contando abranqua em tres dineiros os quaes ditos cento e trynta et çinco mrs. da dita moneda debedes de pagar a nos et a nosos suçesores por cada dia de San Miguel do mes de setembro et asi en cada huun ano por sempre como dito he.

Ano 1437
Título abreviado SMCP
Título Santa María do Camiño (Pontevedra)
Referencia Comesaña Martínez, María Ángela (1995): O tombo do Hospital e Ermida de santa María do Camiño de Pontevedra. Pontevedra: Museo de Pontevedra.
Capítulo 16
Páxina 81
Autoría Juan Afonso escripvano de noso señor el Rey seu notario publico en a sua corte et en todos los seus reynos et notario publico jurado da villa de Pontevedra por la iglesia de Santiago
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra-[P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL