logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabeam todos que nos os laserados de Santa Maria do Camino da villa de Pontevedra conven a saber Garcia Peres e Juan de Moranna e Roy da Cançella e Fernan Dares e Juan de Morana e Juan de Silvoso e Dominga Nova e Maior Afonso e Mor Eans e Taresa das Marinas e Maria de Rajoou por nos et en nome da dita ermita et nosos consortes que son susentes et soçesores que despois de nos vieren aforamos a vos Juan Afonso clerigo de Santo Tome do Pineiro con todas vosas voses para todo sempre jamais todas las erdades casa, casares, vynas et lugares arvores rexidos a montes e fontes que a nos pertesçen de aver de dereito en o barral d -Entemça que he ena dita freigesia de Santo Tome do Pineiro a donde quer que vaian et esten segundo que pertesçia a Maria Oans moller que foi de Juan Esteves d -Alaris et nos ela mandou por sua manda a ora de sua morte por las quas ditas erdades et viinas et lugares et cousas a elo pertesçentes nos devedes e avedes de dar de foro renda et conosçemento a nos e a nosos soçesores en cada huun ano quatro mrs. de moneda vela branqua en tres dineiros sen desconto algun et asy en cada ano por dia de San Miguel de o mes do mes de setembre et avendo de vender, deitar, aaliar qualquer de nos partes que o faça et deve faser huns aos outros taxo por taxo, et non o querendo sendo primeiramente feito todos que o devemos faser e façamos a persona semelavel de nos que conpra, page et aguarde todo o que nos et cada un de nos somos tiudos et obligados de faser, comprar, pagar e agardar et prometemos et outorgamos de vos defender et anperar et faser saao saao et de pagar as ditas erdades et vinnas et cousas que vos asi aforamos por nos e por los bees de dita ermita et malataria que vos a elo obligamos.

Ano 1438
Título abreviado SMCP
Título Santa María do Camiño (Pontevedra)
Referencia Comesaña Martínez, María Ángela (1995): O tombo do Hospital e Ermida de santa María do Camiño de Pontevedra. Pontevedra: Museo de Pontevedra.
Capítulo 18
Páxina 86
Autoría Juan de Prol notario publico jurado da villa de Pontevedra por la iglesia de Santiago
Tipo/finalidade/xénero Foro
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra-[P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL