logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta de sentençia viren como ante min Pero Eans clerigo de Santa Maria d -Agoas Santas juiz en a abdiençia de don Pascual Fernandes arçediago de Salnes vieron ante mi en juizo Fernand Afonso clerigo en nome dos lazerados de Santa Maria do Camino de que he procurador por huna procuraçion feyta e signada por notario a qual era abastante para esto da huna parte et Pero de Santa Maria maestre do baixel que dizen da çibdade do Porto de Portugal aa outra et enton o dito Fernand Afonso sua demanda por palabra fiz ante o dito Pero de Santa Maria en esta maneira dezia que como avia gran tempo con memoria de homens non he ende que posan acordar coontrario con o conçello e homes boos da villa de Pontevedra deran por razon de esmola aa dita iglesia de Santa Maria do Camino para os lazerados dela para seu manteemento as medidas de sal porque meden o sal en as naos e en os baixees e en os outros navios que a esta villa viesen con que son conven a saber duas faneigas grandes e outras duas faneigas pequenas as quaes faneigas os ditos lazerados por seu procurador aa sua custa avian de fazer et marcarla por la marca do dito conçello por las quaes faneigas meden o sal que vina en os navios a esta villa et tan ben median por elas en o alfoz da dita villa e non por outras medidas et por razon das ditas medidas e esmola estabeleçen nao ou baixel ou outro navio que a esta villa viesen que trouxese sal des huun milleyro e medio de sal arriba que lles desen tres faneigas grandes de sal aos ditos lazerados et dende ajuso se mays pouco trouxesen que se aviesen con o procurador dos ditos lazerados et como o dito Pero de Santa Maria trouxese a esta villa huun baixel de sal e o medise por las ditas fanegas et lle pedise e demandase que lle dese para os ditos lazerados as ditas tres fanegas de sal grandes et el recusara e recusava de llas dar pedia a min que por mina sentençia julgando mandase ao dito Pero de Santa Maria maestre que lle dese e pagase as ditas tres faneigas grandes de sal con as custas que sobrelo fezese contra a qual demanda o dito Pero de Santa Maria pleito entrado diso que lle negava a dita demanda segundo que era posta e que non sabia nen cria que era asi e o dito Fernand Afonso en nome dos ditos lazerados diso que o queria provar et pedeu a min que lle asignase terminos e produçoos a que dese e presentase ante min suas testemoyas e sobre esto resçebi juramento de conomes das partes e cada huna por su juramento afirmou sua entençon et esto feyto asigney terminos e produçoos ao dito Fernand Afonso a que ante min presentase sua testemoya et ao termino que lle para esto asigney o dito Femand Afonso en nome do procuratorio presentou ante min suas testemoyas aquelas que ven que lle conpran das quaes testemoyas e de cada huna delas eu ajuramentey sobre los santos evangeos Deus que ben e verdadeiramente disesen verdade sobre la dita razon e eles asy o prometeron estando presente o dito Pero de Santa Maria que as veu jurar et fige escripvir o dito delas e no proçeso do pleito et elas asy resçebidas asigney termino aas ditas partes a que viesen ante min para as publicar et ao termino que lles para esto asigney as diltas partes aparesçeron ante min e fige leer e publicar as ditas testemoyas ante eles et fige pregunta ao dito Pero de Santa Maria se queria contra elas dizer do seu dereito e que lle mandaran das o traslado delas el diso que non queria dizer contra as ditas testemoyas nen razoar nen dizer mays en o dito, feyto mays pedia a min dito juiz que librase o que achase por dereito et sobre esto as ditas partes concludiron e sarraron pleito sobre lo alegado e pediron sentencia et eu juis sobredito visto e examinado o dito pleito entre as ditas partes e quanto sobre esto ante min quiseron dizer e alegar ata que çerraron pleito e pediron sentença seendo eu juiz en lugar de julgar avido sobre esto meu consello e acordo con letrados en dereito vista a demanda do dito Fernand Afonso en nome dos ditos lazerados et a defenson do dito Pero de Santa Maria e asignado para dar sentença partes presentes sentença demandantes seendo en lugar de julgar dou esta esta sentença que se sigue.

Ano 1384
Título abreviado SMCP
Título Santa María do Camiño (Pontevedra)
Referencia Comesaña Martínez, María Ángela (1995): O tombo do Hospital e Ermida de santa María do Camiño de Pontevedra. Pontevedra: Museo de Pontevedra.
Capítulo 24b
Páxina 99
Autoría Juan Lourenço notario
Tipo/finalidade/xénero Sentenza ("carta de sentençia")
Orixe Traslado
Lingua -
Localización Pontevedra-[P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL