logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos quantos a presente renunçiacion viren como eu Françisco Rodrigues clerigo e fillo legitimo de Sancha Dominguez e en seu nome e por virtud de su poder que para fazer a remiçion a juso contheuda tenno e mostrarey e por quanto a dita Sancha Dominguez minna madre ten de çensso perpetuu para senpre jamays da hermida de Santa Maria do Camino de Pontevedra procurador e lazarados que aa sazon dela haran hua casa chaan que esta ena Rua de Nuno Fatel freyguesia de Santo Vertolameu da dita vila segundo que vay de longo da hua parte con outra casa que he de Sancho Gago notario da dita vila e da outra parte vay de longo con outra casa que he da confraria de Sant Juan Bautista que esta hordenada ena dita yglesia de Sant Bertolameu e saae con seu outon e con hua porta e con hun lota ao eyrado da Fontaynna e saae con seus portaas aa dita rua publica de Nuno Fatel a qual a dita mina madre e por vertud do dito su poder que para elo tenno e por alguas cabsas que aa elo moberon e espeçialmente por quanto he ja bella fraqua e ynpotente e non pode reparar a dita casa nen pagar o dito çensso en para que la mellor forma e maneyra que podo e debo con dereyto renunçio o dito çensso da dita casa que a dita mina madre asy dela ten ena dita hermida de Santa Maria do Camino e en vos Juan Fernandez Agulla notario de dita vila, procurador da dita hermida e eu Juan Tacon e Ruy de Loureyro e Gonçal Portugues e Juan Conde e Maria Gomez e Clara Afonso e Mayor de Deste e Tareyja Guerra e Biatriz Diiz e Maria Migueez lazerados da dita hermida que soodes presentes para que daqui endiante sen enbargo do dito contrabto de çensso feyto aa dita mina madre nen eu en seu nome non faremos nen diremos desto o contrario por nos nen por outro en juizo nen fora del en alguun tenpo nen por algua maneyra e se o fezeremos ou diseremos quero e outorgo que nos no valla nen sejamos sobre elo oydos nen resçebidos en juizo nen fora del e vos peytemos de pena dous mill mrs. de moneda corrente por los bees de dita mina madre e meu que vos para elo obligo e nos o dito procurador e lazerados de dita hermita de Santa Maria do Camino de suso nonbrados que todos soomos presentes e juntos ena malataria da dita hermita asy resçebemos a dita renunçiaçion asy ena dita hermita e en nos en seu nome feyta de dita casa por vos o dito Francisco Rodrigues en nome da dita vosa madre e a damos por libre e quite para senpre a ela e a sus bees e herdeyros e prometemos nollo demandar daqui endeante so a dita pena feyta e outorgada ena dita malataria ano, dia e mes susoditos estando presentes por testigos Diego Garcia clerigo de Sant Migueel de Marcon e Anton Doce mercader e Fernan de Presedo escudeiro vezinos e moradores ena dita vila por ende nos los sobreditos procurador e lazerados da dita hermida de usos nonbrados que asy soomos presentes e que fazemos por nos e en nome da dita hermita e dos outros lazerados dela que son absentes por vertud da sobredita renunçiaçion e veendo eu como o çensso ajuso contheudo he feyto en probeyto e utilidad da dita hermita e por quanto vos o dito Françisco Rodrigues clerigo que soodes presente en dedes e acreçentedes a o dito çensso da dita casa çinco mrs. vellos en cada hun ano de mays e aalende dos viinte e çinco mrs. que a dita vosa madre daba por ela cada ano de çenso que son asy daqui endeante triinta mrs. vellos cada ano e soodes home mançebo e tal qui poderes ben reparar a dita casa e pagar o dito çenso por ende nos todos en hun acordo por aquela mellor forma, modo e maneyra que podemos e debemos con dereyto damos e outorgamos en çenso perpetum doje este dito dia endeante para senpre jamays a vos o dito Francisco Rodrigues clerigo para vos e vosos herdeyros e subçesores toda a sobredita casa chaa de suso nonbrada e lemitada con o dito seu saydo e lata que asysten eno outon e con todas las outras entradas e saydas perteenças e dereyturas que lle perteeçen e perteeçer deben de feyto e de dereyto per tal maneyra e condiçon que vos o dito Francisco Rodrigues e vosos herdeyros moredes a dita casa e a reparedes e tenandes reparada de todo o que lle fezer menester por vosa costa e misna e sin enbargo delo dedes e paguedes de çensso aa dita hermita a vos os ditos lazerados ou ao dito Juan Fernandez procurador que agora he e aos que foren daqui endeante os ditos triinta mrs. vellos pagos por cada dita de Natal da naçença de Deus e asy en cada hun ano sen desconto e contraadita algua et avedes de seer anparados e defesos vos o dito Françisco Rodrigues e vosos heredeyros e subçesores con este dito çenso para senpre de todo enbargo e vos non ha de seer quito por mays nen menos nen por el tanto que outro por ele de nen prometa nen por dezer e alegar que oubo ou ha em el engano algun nen por outra razon en eixeiçon algua das que o dereyto por por que e semellante contrabto de çensso se pode e debe desatar por los outros bees de dita hermita que vos para elo obligamos e que vos o dito Francisco Rodrigues nen os ditos vosos herdeyros non posades vender, trocar nen concanbear o dito çensso en outra persona algua sen nos os ditos lazerados e noso procurador e subçesores seermos primeyramente requeridos se o queremos tanto por tanto quanto outro por el der e non o querendo nos seendo primeyramente con elo frontados quenton que o non posades faser a outra yglesia nen moosteyro nen persona poderosa porque a dita hermida perca seu dereito mays que o façades a persona semitavel de vos llana e abonada e tal que cunpla, pague e agarde todo aquelo que vos o dito Françisco Rodrigues e vosos herdeyros e subçesores por este dito contrabto de çenso soodes theudos e obligados de conprir, agardar e pagar eno dito Francisco Rodriguez clerigo que soo presente e que faço por mi e meus herdeiros e subçesores porlque me obligo asy resçebo e outorgo o dito çenso por las maneyras e condiçoos susoditas e obligo meus bees e seus para o todo asy teeremos, conpriremos e agardaremos e pagaremos cada ano os ditos triinta mrs. vellon por lo dito dia de Natal en paz a vos los ditos lazerados ou ao dito voso procurador en paz segun que dito he e qualquer de nos partes que contra esto for e o asy non teber, conprir e gardar outorgamos que peyte de pena aa outra parte de nos que o agardar e conprir quatro mill mrs. da moneda corrente a qual pena pagada ou non todavia este dito contrabto de çenso e as cousas en el contheudas fiquen firmes e vallan para senpre en sua rebor.

Ano 1503
Título abreviado SMCP
Título Santa María do Camiño (Pontevedra)
Referencia Comesaña Martínez, María Ángela (1995): O tombo do Hospital e Ermida de santa María do Camiño de Pontevedra. Pontevedra: Museo de Pontevedra.
Capítulo 40b
Páxina 134
Autoría Françisco Fernandez notario publico jurado por la abtoridad apostolica et notario publico jurado outrosi do numero da vila de Pontevedra e seus terminos e jurisdiçoos por la por la Santa Iglesia Ylustre et Reverendisimo Señor Arçobispo de Santiago meu señor
Tipo/finalidade/xénero Renuncia de censo " escritura de renunçiaçon e çensso")
Orixe Traslado
Lingua -
Localización Pontevedra-[P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL