O qual pleito foy e he sobre razon que o dito prior demandou aos sobreditos dizendo que o couto de Beacan con suas herdades e con o senorio, mero misto inperio e onimoda jurdiçon çiuil e criminal, con todo o senorio real e con todas suas agoas correntes e estantes, e con suas vinas e casas e aruores e pastos e deuisõẽs fosen e eran do dito seu moesteiro por çerta donaçion e dote que lle del fezeran os reis de Castela e de Leon; e outrosi en conmo o dito seu moesteiro teuese outras herdades propiatarias de dezemo a Deus fora do dito couto, as quaes ditas herdades e couto eran situadas en no dito obispado d ' Ourens; e diso que os sobreditos Lopo Fernandes e Aluaro Fernandes e Meen Pereira e Esteuo Eanes e Pero Vasques, sen razon e sen dereito se entruseran en na posison do dito couto e das ditas herdades e cousas sobreditas, e que leuaran os froytos e rendas delas, non avendo a elo dereito alguno desde tenpo de viinte e oyto annos a esta parte, non perdendo per mais nen per menos, os quaes froytos e rendas que asy avian leuado en cada huun anno des lo dito tenpo a aca, diso que poderian ben valer dous mill morauedis de moneda vella en cada huun anno, non perdendo por mais ou menos estimaçon, e demais que encorreran en nas penas contiudas en nos pruilegios que o dito seu moesteiro avia.
|