logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

E visto as rasõẽs de replicaçon do dito prior en que diso que pois os sobreditos reos dizian tẽẽr dereito en no dito couto de Beacan e en nas ditas herdades per foro que lles fora feito, que nos pedia que lles mandasemos que presentase carta de foro alguna, se a tina, do dito couto e herdades, ou lle leixasen e desenbargasen o dito couto e herdades liuremente para o dito seu moesteiro e que lle entregasen os froytos que delo avian leuado; e outrosi que lles negaua que o dito Suer Peres, con outorgamento do dito conuento, que lles non aforara o dito couto de Beacan; e posto,mais non confesado, que lles fesese o dito foro, que perderan dereito alguno, se o a el avian, por quanto non conpriran as condiçõẽs do dito foro, nen pagaran a renda e penson ao dito moesteiro en no modo e forma que lla ouueran de pagar; por lo qual os sobreditos e os alegantes por la parte rea deuian leixar o dito couto e herdades ao dito moesteiro; e outrosi diso que o dito Suer Peres, que dera en feudo o dito couto e herdades aos ditos Afonso Rodriges e Gomes Fernandes con o moordomadgo do caritel e con o cachon de San Sabaschaãõ e todas las outras cousas que ao dito moesteiro perteesçian, saluo os dereitos das aniuersarias e da sancristania e da iglleia de Beacan en no espritual, con a herdade de Lauapẽẽs; e o al lle deran en seus dias danbos con todas las cousas que lles perteesçian en na dita fregresia de Beacan que fosen tenporaas, saluo os casares do Outeiro e de Cas d ' Auil, e que lles deran mais o casar de Pradozinos con a herdade que y avia o dito moesteiro, e o herdamento de Vilaquinte do dito moesteiro, que jazia cabo de outra herdade que foy dos de Fornea e que lle desen por elo de renda çerta en cada huun anno en saluo dentro en no dito moesteiro de Poonbeiro çento e oyteenta morauedis de moeda branca del rey don Fennando, a oyto soldos cada morauedil por dia de san Viçenço, e que fosen seus vasalos e do dito moesteiro, e seus leããs e verdadeiros amigos en todas cousas que soubesen e podesen en boa fe e sen mãão engano, e con condiçon que todo o poder para aforar as herdades do dito couto, quando vagasen, que ficaren en no dito moesteiro, prior e monjes e conuento del, e que os ditos Gomes Fernandes e Afonso Rodriges que non ouuesen parte de aforar os ditos herdamentos, e que os aforase o dito moesteiro a quen fose sua voontade; e outrosi que retinan en si para saber quen tiña as ditas herdades e en que gisa e con qual dereito; e correger e aforar e arrendar conmo fose sua voontade e as quaes e rogos dos ditos foros fosen do dito moesteiro; e a seu finamento deles anbos que daua o dito prior e conuento a seus fillos e fillas deles anbos todo o sobredito, que fosen criados do dito Afonso Rodriges e fillos de Ynes Garçia e de Gomes Fennandes e de Ynes Gomes; e se morrese de cada huna das ditas partes todos los fillos, que senpre ficase a meadade en seus herdeiros, e que fosen os seus fillos e seus herdeiros seus vasalos do dito moesteiro en vida e en morte e que pagasen a dita renda dos ditos çento e oyteenta morauedis cada anno; e a seu finamento que ficase todo o sobredito do dito couto de Beacan e dos outros lugares ao dito moesteiro liure e quito sen nehuna mea voz con todas boas paranças que y foren feitas.

Ano
Título abreviado SVP
Título San Vicenzo de Pombeiro
Referencia Lucas Álvarez, Manuel / Lucas Domínguez, Pedro (eds.) (1996): El priorato benedictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media. Sada / A Coruña: Ediciós do Castro (Publicacións do Seminario de Estudos Galegos).
Capítulo 99b
Páxina 167
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Sentenza
Orixe Copia
Lingua
Localización




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL