"E eu coengo e juis sobredito, visto e exseminado o proçesso do dito pleito asi en no negoçio prinçipal trautado ante os ditos don Juan Afonso de Castro, abade da Treydade, e Aluaro Fennandes, coengo en na iglleia d ' Ourens, vigarios d ' Ourens, e despois ante min en no artigõõ da dita apelaçom ontre o dito prior e conuento do dito moesteiro de san Viçenço de Poonbeyro da huna parte, e Lopo de Venmuun e Aluaro Fennandes o moço, e Meen Pereira, escudeiro, e Esteuõõ Eanes, monje de Chantada, e Pero Vasques de Villaquinte, da outra parte, avido consello con leterados, ACHO que en quanto os ditos vigarios mandaron a as ditas partes reas e apeladas que leixasen e desenbargasen ao dito moesteiro o dito couto de Beacan con suas herdades e dereituras, que julgaron bem; e en quanto non julgaron sobre os froytos e penas contiudas en na demanda dos ditos prior e conuento, deuidindo a continençia da dita causa, e mandando per noua auçon demandar os ditos froytos e penas, seendo ante eles prouada sobre elo a entençon dos ditos prior e conuento, que julgaron mal, e os ditos apelantes que apelaron ben e de legitimos agraueos.
|