Item vos aforamos mays con esto que sobredito he, a vos et as ditas bozes o noso souto de Seenço, que jaz en a filigresia de san Juan de Moura, con seu siqueyro et con suas entradas et seydas, segundo que o vos traiades a jur et a mãão, a tal pleito et condiçon que o plantedes, roçedes, apeedes et enxertedes en tal maneira que non desfallesca con myngua delo, et que diades et paguedes del cada anno ao dito moesteiro, vos et cada boz por todos los nouos et frutos que Deus hy der, triinta marauedis de moneda vella, ou sua estimaçon se outra moneda correr, pagos por dia et festa de san Viçenço, a qual dita festa vos et vosas viinredes onrrar con daquelo que touerdes; et seredes todos seruentes et obedientes ao dito moesteiro con todos los seus dereitos, pagando cada hun por loytosa a seu fynamento çinquo marauedis da dita moneda; et non venderedes...etc.; et damosuos todo libre poder que posades leuar et meter vosos porcos en no dito souto cada et quando que quiserdes et por ben teuerdes, con tanto que non façades danno a outra persona alguna, ca por la presente reuocamos et damos por nenguna todas las outras cartas vellas, que perteesçen a este foro et mandamos que non vallan en juizo nen del fora del saluo esta que agora nouamente fazemos...etc.
|